@ Artellando e-solucións Solucións informáticas a medida

Quen somos?

@ Artellando e-solucións é a aposta dun profesional da informática radicado en Narón, con máis de anos de experiencia en desenvolvemento de aplicacións, para ofrecer solucións informáticas a medida.

O obxectivo principal é ofrecer solucións informáticas personalizadas a PEMES, autónomos, asociacións, ... poñendo á súa disposición a tecnoloxía que ofrecen as grandes consultoras do sector TIC, cunha calidade e prezos competitivos.


Artellando?

Buscando un termo que sintetizase a nosa actividade, demos con éste, que consideramos moi acaído para o desenvolvemento de aplicacións: orden, integración, coordinación, ...
Artellar
Verbo transitivo
  1. Unir [dúas cousas] nun punto ou xunta, de modo que poidan moverse as dúas ou unha delas.
  2. Organizar ou dispor [algo] de maneira coherente e ordenada.

Os nosos clientes

A continuación, unha lista dos clientes que ata o de agora confiaron en nos:

    Experiencia previa

    Velaquí un resumo da nosa experiencia previa ao comezo desta aventura:

    Empresa
    Matchmind S.L. / Telvent Global Services / Itconic, S.A. (A Coruña)
    Proxectos
    Sistema informático de loxística de Inditex (sección de packing) - Analista programador Java, soporte a usuarios

    Empresa
    Industrias Cándido Hermida, S.L. (Valdoviño - Narón)
    Proxectos
    • Ferramentas sobre AutoCAD de apoio á oficina técnica - Analista, Programador .NET
    • Ferramenta sobre AutoCAD para estudo de arquitectura de Inditex - Analista, Programador .NET, formación a usuarios
    Outras atribucións
    • Mantemento dos sistemas informáticos
    • Soporte a usuarios
    • Instalación, configuración e mantemento de Pcs e rede interna (esporádicamente)

    Empresa
    Softgal, S.A. (A Coruña)
    Proxectos
    • Plataforma Rational Test Suite - Administrador e formación interna
    • Rexistro Galego de Animais de Compañía e Perigosos - Analista programador Java
    • Axenda de eventos da Fundación Caixa Galicia - Analista programador Java, formación a usuarios
    • Portal da Fundación Caixa Galicia - Analista programador Java
    • Simuladores hipotecarios para a web de Caixa Galicia Portugal - Analista programador Java
    • Portal web da Obra Social Caixa Galicia - Enxeñeiro de requisitos
    • Portal web do Programa Cidades Dixitais da Xunta de Galicia - Analista programador Java, formación a usuarios

    Empresa
    Pragmalia Business Solutions, S.A. (Ferrol - Madrid)
    Proxectos
    • Aplicación de xestión bibliotecaria para CIS-Madera de Ourense - Programador Java
    • Portal web para Xfera (operadora de telefonía móbil, actualmente Yoigo) - Programador Java
    • Portal “Multiserviços” para Mapfre Portugal - Programador Java

    Actividade Social

    Non só nos adicamos a facer negocios: tamén poñemos o noso gran de area para tentar mellorar a contorna con diversas accións

    Organizacións

    Velaquí as organizacións nas que estamos a participar actualmente:

      o Software Libre

      Usamos software libre, e por iso, anualmente destinamos o 0.7% dos nosos beneficios a financiar aqueles proxectos dos que sacamos partido.

      2020

        Hidden Contact Form

        Axudas á promoción do emprego autónomo

        Operación cofinanciada pola Unión Europea

        PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020


        Obter formación e un emprego de calidade

        O FSE Inviste no teu futuro