@ Artellando e-solucións Solucións informáticas a medida

Servizos

Desenvolvemento de aplicacións

Que ofrecemos

  • Experiencia: levamos anos nisto, 14 deles traballando para grandes empresas tecnolóxicas en clientes destacados. Isto avala a nosa capacidade para ofrecer servizos profesionais de desenvolvemento de aplicacións informáticas á medida, ou de adaptación de aplicacións existentes.
  • Calidade e prezos competitivos: non temos os mesmos custos estruturais que as grandes empresas, e iso permítenos ofrecer mellores prezos.

Coñecementos

Velaquí unha lista actualizada dos nosos coñecementos técnicos

Motivos polos que pode precisar este servizo

Se vostede se atopa nalgunha das seguintes situacións, é moi probable que poidamos axudarlle:
  • Desexa que o seu negocio teña presenza en internet
  • Tarefas repetitivas fanlle perder tempo e non lle permiten sacar todo o rendemento ao seu negocio
  • Un ou varios programas que emprega non lle ofrecen todo o que precisa para traballar
  • Está a empregar follas de cálculo para unha tarefa que comezou sendo sinxela, pero agora está a complicarlle a existencia
  • Ten unha boa cantidade de datos que necesita:
    • Mover a outra aplicación
    • Relacionar ou cruzar cos datos doutra aplicación
    • Publicar na internet
  • Ten unha idea relacionada coa tecnoloxía para o seu negocio, e desexa asesoramento para saber se sería posible
  • Necesita un profesional coas nosas habilidades para levar a cabo un proxecto propio

Mantemento de equipos

Que ofrecemos

  • Mantemento de equipos informáticos de particulares ou pequenas empresas
  • Desprazamento a domicilio: desprazámonos ao seu fogar ou negocio para facer o diagnóstico. Se a operación require menos de 30 minutos, realizámola in situ

Motivos polos que pode precisar este servizo

  • Montaxe e ampliación de equipos informáticos domésticos ou de oficina
  • Diagnóstico e reparación de equipos informáticos domésticos ou de oficina
  • Instalación ou renovación de antivirus
  • Limpezas de sistema
  • Formateado de equipos
  • Posta a punto do equipo e resolución de problemas software
  • Actualización de versión do sistema operativo
  • Realización e restauración de copias de seguridade

Formación

Que ofrecemos

Formación express: aprenda a usar o seu novo teléfono Android

¿Acaba de conseguir un teléfono Android e non sabe utilizalo?
  • Acudimos ao seu fogar
  • Configuramos o seu teléfono e instalamos as 5 aplicacións que desexe
  • Ofrecémoslle 3 horas de formación intensiva coas que aprenderá o manexo básico do teléfono e das aplicacións
  • Recibirá un manual que personalizaremos para o caso concreto do seu modelo de teléfono e versión do sistema operativo Android

Curso de informática básica

  • Aprenda a manexar de forma básica o seu ordenador e/ou teléfono móbil Android
  • Navege por internet e descargue aplicacións e contidos
  • Sincronice o seu teléfono e ordenador

¿Quere propoñernos algún outro curso?

Hidden Contact Form

Axudas á promoción do emprego autónomo

Operación cofinanciada pola Unión Europea

PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020


Obter formación e un emprego de calidade

O FSE Inviste no teu futuro