@ Artellando e-solucións Solucións informáticas a medida

Estreamos nova web

En primicia mundial... a nosa nova web

Estamos de noraboa: xa levamos un aniño de actividade, e a que ata o momento era a nosa web so servía como carta de presentación e tarxeta de contacto. Agora por fin conseguimos publicar unha nova versión que ofrece información máis detallada sobre que é @ Artellando e-solucións, que servizos ofrece, así como unha sección de noticias que pretendemos actualizar varias veces á semana con información do mundo da tecnoloxía, os nosos proxectos, promocións, etc.

Tamén aproveitamos para tomar posicións no mundo das redes sociais: se queres seguirnos, ademáis de poder usar o noso servizo RSS, poderás facelo en:

¿Onde está a diferencia coa anterior?

Se é a primeira vez que entras é imposible que podas comparar: por iso decidimos "arquivar" a versión antiga da web e deixala dispoñible na dirección http://v1.web.old.artellando.com. Nos dous casos, tanto a páxina web como a imaxe de marca foi creada por nos. Tamén -e aínda que pareza incrible- as dúas páxinas web foron desenvolvidas empregando Blogger.

Na primeira versión, e tendo que priorizar outros traballos, decidimos facer unha sinxela carta de presentación cun formulario de contacto. Como detalle técnico decidimos empregar animacións CSS para facela máis chamativa.

Na versión actual, e xa metidos en fariña cos temas de Blogger, desenvolvemos un propio tomando como base Bootstrap, con tódalas vantaxes que aporta (responsive, compoñentes, etc ...)

¿Blogger?

Pode parecer unha excentricidade, habendo xestores de contido tan potentes e versátiles coma Wordpress (de feito adiantamos que mais cedo que tarde lle chegará o momento tamén a Wordpress), pero tivemos motivos para crear o noso propio tema de Blogger e empregalo como a nosa web corporativa.

A explicación de por que usamos Blogger deixámolo para a vindeira publicación.

Mencións

Apoiamos aos creadores: por iso, facemos referencia a tódolos elementos de terceiros que empregamos para realizar este artigo:

Comentarios

Hidden Contact Form

Axudas á promoción do emprego autónomo

Operación cofinanciada pola Unión Europea

PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020


Obter formación e un emprego de calidade

O FSE Inviste no teu futuro