Tes un negocio? Dende aquí todo o noso ánimo e desexos de que a volta aa actividade sexa o máis propicia posible.
Probablemente leves un tempo escoitando falar dos códigos QR e do interesantes que poden ser para o teu negocio nesta situación. Se é así, pero tes dúbidas de que son e cómo empregalos no teu negocio, preme no botón baixo estas liñas e serás dirixido a unha pequena presentación onde o explicamos.
Un código QR é un código de barras bidimensional. Está formado por unha matriz
de puntos negros sobre fondo branco. Emprégase para codificar información en
forma de imaxe, que pode ser lida a posteriori cun lector de códigos.
Por qué se puxo tan de moda?
Debido á crise do COVID-19, collen pulo os sistemas que permiten obter información
sen manter contacto físico cos obxectos. Por exemplo, nun establecemento, se codificamos
a dirección URL dunha web, catálogo, carta de produtos, ... cun código QR, e colocámolo
nun lugar ben visible, un cliente que teña un teléfono móbil cun lector de códigos
poderá descargar o recurso sen ter que teclear nada no dispositivo
Preciso dun servizo profesional para empregar códigos QR?
Non: aínda que se queres pagar por delegar nalguén esa tarefa, és libre de facelo.
So son precisas dúas cousas para poder empregar este sistema:
A URL onde está ubicada o contido ao que queres dar acceso
Un xerador de códigos QR
Un exemplo: a carta dun local de hostalería
Imaxinemos que temos un bar, restaurante, ... e queremos poñer a disposición dos
nosos clientes a nosa carta. Para facelo, bastaría con dar os seguintes pasos:
Paso I
Se non a temos en formato dixital, dixitalizar a nosa carta cun escáner, cámara, ...
Un exemplo: a carta dun local de hostalería
Paso II
Publicala en internet. Por exemplo:
Subíndoa aa nosa páxina web
Tes un móbil Android? Probablemente teñas unha conta de Google. Se é así, podes subila a Drive, Photos, ...
Tes un móbil Apple? Podes usar iCloud
Calquera outro método de almacenamento na nube (Dropbox, ...)
O uso de códigos QR tamén ten riscos de seguridade asociados
1. Apps de lectura de códigos QR
Como no caso de calquera app móbil, hai que ter coidado á hora de escoller cal
instalar. Hai montóns de noticias relacionadas con apps lectoras de códigos
QR infectadas con malware.
Comproba que o provedor da aplicación é de fiar
Antes de instalar, mira os permisos que solicita a aplicación. Se son excesivos, ou non están xustificados, desconfía
Posibles riscos
O uso de códigos QR tamén ten riscos de seguridade asociados
2. Suplantación de códigos QR
Se alguén con malas intencións remplaza o código QR do establecemento
por un que redirixa a unha web maliciosa, pode poñer en risco aos clientes
dese establecemento
Convidándoos a que descarguen aplicacións maliciosas
Suplantando outra web de confianza coa que poderían roubar contrasinais, datos persoais, ...
Isto é todo?
Se as indicacións dadas non serven para conseguir o que queres facer con
códigos QR, ou tes unha idea máis elaborada ao respecto, contacta con nos.
Estaremos encantados de atenderte.
Contacta con nos
Comentarios
Publicar un comentario