Novedades en 2020 (II) - Venda de equipos reacondicionados
A segunda novedade do que vai de ano ten unha historia detrás:
Unha das nosas clientas tivo un percance co seu portatil, que deixou de funcionar de súpeto. Tras facer valoración da reparación, decidiu que non lle compensaba (tratábase dun equipo antigo), e solicitounos orzamento para un novo equipo. Despóis de botar unha ollada ao mercado, demos en consultar a varios provedores de equipos reacondicionados: equipos que xa tiveron unha primeira vida, e que foron recollidos e postos a punto para garantir o seu perfecto funcionamento.
Pois ben, de entre tódalas opcións, a nosa clienta decidiuse por un equipo reacondicionado. Contactado o provedor, e logo de recibir o equipo, tanto nos como ela quedamos satisfeitos das condicións e prezo do produto, que por certo, conta con un ano de garantía. Tanto é así que confiamos en poder repetir a experiencia.
É dicir, entramos de cheo no mundo da revenda de equipos informáticos reacondicionados!.
E para ir abrindo apetito, de agora en diante iremos publicando no noso Facebook as ofertas máis suculentas que vaiamos recibindo dos nosos provedores.
Estade atentos ás vosas pantallas!
Comentarios
Publicar un comentario