@ Artellando e-solucións Solucións informáticas a medida

Novedades en 2020 (I) - Desenvolvemento de aplicacións

Aproveitando unha breve pausa vacacional, e dado que levamos xa uns meses sen actualizar o blog, imos poñervos ao día dos avances na nosa actividade no que levamos de 2020. Dividiremos este resumo de novidades por tipo de actividade para evitar saturarvos. Neste caso imos falar da nosa actividade principal: o desenvolvemento de aplicacións.

Clientes

Vimos de engadir na nosa páxina a lista de clientes coa que traballamos. No máis recente estivemos a ofrecer servizos a os seguintes:

Maler Digital Signage

Maler DSO é unha empresa adicada á xestión e emisión dixital de sinais (entre elas contidos publicitarios, ...) en todo tipo de espazos: dende tendas ata grandes estadios. Para nos é un mundo novo e apaixoante, e estamos encantados de poder axudar a impulsar o seu negocio.

The Origin Escape

The Origin Escape é unha escape room situada en Ferrol, que ofrece singulares desafíos a quen se atreva a resolver un misterio dentro dunha habitación. E estamos moi felices de que contasen con nos para desenvolver unha aplicación para a súa recente estrea: "La Invasión".

Novas habilidades

Co traballo desenvolvido na primeira parte do ano, adquirimos experiencia coas seguintes ferramentas:

  • C#

  • ASP.NET

  • Vue.js

  • Android

  • Kotlin

Continuará...

Pero noutra publicación que agardamos facer en breve. Mentres, aproveitamos para comentar que agora mesmo dispoñemos de tempo libre na nosa axenda. Se tedes algún proxecto en mente que podemos axudar a facer real, ou no que necesitades colaboración, estamos á vosa disposición.

Mencións

Apoiamos aos creadores: por iso, facemos referencia a tódolos elementos de terceiros que empregamos para realizar este artigo:

Comentarios

Hidden Contact Form

Axudas á promoción do emprego autónomo

Operación cofinanciada pola Unión Europea

PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020


Obter formación e un emprego de calidade

O FSE Inviste no teu futuro