Que pasou en 2021? Seguimos vivos?
Publicado por @ Artellando e-solucións,
Respondendo á segunda pregunta: si, seguimos activos. E para ben ou para mal, tan activos como para non escribir actualizacións no blog.
En resumo, o ano 2021 estivo cheo de emocións:
- As contas comezaron a sorrirnos, e iso permitiu que por primeira vez puideramos cumplir algo que desexabamos facer dende o principio: invertir o 0.7% dos nosos beneficios nas ferramentas de software libre que fixeron posible que o negocio avanzase. Algo que quedou reflexado na sección o software libre da web.
- Tivemos o pracer e a sorte de traballar con Coma Comunicación durante o primeiro trimestre do ano nun interesante proxecto relacionado coa hostalería e o turismo.
- A mediados do ano comezamos a traballar nun proxecto a nivel europeo de longa duración con All European Careers. E aí estamos!
- Seguimos a atender aos nosos estimados pequenos clientes domésticos cos seus problemas informáticos.
Ademáis disto, tivemos certa actividade creativa "paralela":
-
A tenor dos esforzos para constituír unha asociación de autónomos en Ferrolterra, e con ocasión da organización dun concurso de logos para a mesma, sentímonos inspirados, e decidimos participar. Esta imaxe amosa a evolución das ideas que tivemos ata chegar á definitiva
-
Doutro arranque de inspiración ao ter novas dos preparativos da WordCamp Galicia 2021 naceu... Wamuugal!
E no 2022?
Aí seguimos!
- Continuamos co noso proxecto a nivel europeo
- Tivemos a fortuna de comezar a traballar con Equipo Laura para manter ao día a sua páxina web
Enton, en canto a disponibilidade...?
Coma sempre, estamos abertos a escoitar calquera proposta, e a responder a ela con franqueza e responsabilidade. Quedamos á vosa disposición!

Comentarios
Publicar un comentario